Acerca da EIEL

EIEL de Lugo

Acerca da EIEL

Acerca da Enquisa de Infraestrutura e Equipamientos Locais

A Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL) é o instrumento básico de análise e valoración das necesidades de dotacións locais para efectos da cooperación económica local do Estado. Está elaboradas polas Deputacións Provinciais seguindo unha metodoloxía común, contándose coa colaboración técnica do Grupo EIEL-Gestión dependente do Ministerio de Política Territorial y Función Pública (MPTFP).

A finalidade da Enquisa é coñecer a situación das infraestruturas e equipamentos de competencia municipal e doutras administracións, formando un inventario de ámbito nacional, de carácter censual, con información precisa e sistematizada dos concellos cunha poboación inferior a 50.000 habitantes.

A EIEL está regulada a nivel estatal de xeito preciso no R.D. 835/2003, do 27 de Xuño, e na Orden APU/293/2006, do 31 de Xaneiro, ambos en vigor na actualidade.

Nesta páxina WEB poderá descargar a información resultado da elaboración das distintas edicións da EIEL dende o ano 1995. Esta información é facilitada de diversas formas: mediante un visor de consulta online (dende 2011), mediante os servizos de descarga WMS, WFS e CSW (dende 2011) e a través da descarga de documentos resumo en formato PDF (dende 1995). Nesta última sección poderá descargar, entre outros, os cadros municipais, fichas resumo municipais, planos resumo municipal, así como os planos de abastecemento, saneamento, equipamentos e vivendas das entidades de poboación que foron enquisadas na edición correspondente.

Actualización da Enquisa.

A actualización e mantemento da Enquisa é realizada polas entidades que participan na súa elaboración, coordinadas mediante o Grupo EIEL Gestión do MPTFP, que efectúa tamén o seguimento destas tarefas, así como ofrece colaboración económica para a súa realización. A Enquisa ten a súa orixe no ano 1985, realizándose con periodicidade quinquenal ata a edición do 2005. A partires da edición do 2008 a frecuencia de actualización da Enquisa pasou a ser anual.

Dende a edición do 2000, o Laboratorio do Territorio (G.I. 1934 TB), grupo de investigación pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, ven de colaborar coa Deputación Provincial de Lugo no traballo de implementación e actualización da Enquisa para a Provincia de Lugo, elaborando un inventario detallado das infraestruturas e equipamentos locais de todos os concellos agás o da capital provincial, sumando así un total de 66 concellos enquisados.

A Enquisa abrangue dende a súa constitución máis de 3.750 entidades de poboación recoñecidas no Nomenclátor do Instituto Nacional de Estadística (INE), se ben dende a edición do 2016 se ven realizando anualmente unha ampliación dos poboamentos analizados que se prevé rematar na edición 2019, onde serán enquisarán máis de 5.000 entidades de poboación. Na elaboración da Enquisa realízase un uso intensivo de tecnoloxías de Sistemas de Información Xeográfica e Análise Territorial.

Ligazóns de interese: