Servizos

WMS

O servizo Web Map Service (WMS) é un estándar do Open Geospatial Consortium (OGC) que produce mapas de datos xeo-referenciados a partires de información xeográfica. Este standard define un "mapa" como unha representación da información xeográfica en forma de arquivo de imaxe dixital para ser amosada nunha pantalla de ordenador ou similar.

WFS

O servizo Web Feature Service (WFS) é un estándar do Open Geospatial Consortium (OGC) que ofrece unha interface que permite facer consultas de fenómenos xeográficos e interactuar cos mesmos editando, consultando ou descargando un obxecto xeográfico.

CSW

O servizo Catalog Service Web (CSW) é un standard creado polo Open Geospatial Consortium (OGC) que amosa un catálogo formado por rexistros que describen os datos - por exemplo, ficheiros en formatos como GML ou KML - e servizos - como WMS ou WFS - dunha infraestrutura de datos espaciais.